Divina

Divina
[ONOM]

Antropónimo feminino procedente do latín divina ‘divina, referida a Deus, que procede de Deus’. Este nome é unha redución da advocación mariana Divina Pastora, que xurdiu no s XVI ao se lle aparecer a san Xoán de Deus na campaña de Fuenterrabía (1523-1524). Tamén pode considerarse unha redución do composto Luz Divina, formación á que se chegou probablemente por derivación popular a partir do antropónimo Liduvina. Na iconografía viste de pastora, cun sombreiro de aba ancha e cuns años ao seu redor. A súa festividade celébrase especialmente do 7 ao 12 de outubro, á parte de todos os domingos deste mes.

Palabras veciñas

dividendo | dividir | dividivi | Divina | Divina Commedia | divinal | Divinas palabras