dobrar

dobrar

(< lat tardío dŭplare)

  1. v t

    Facer que algo aumente ata o dobre.

    Ex: A suba da bolsa fixo que dobrase os beneficios.

    Sinónimos: duplicar.
  2. v t

    Aumentar algo de xeito significativo.

    Ex: A chegada do novo mestre dobrou o interese dos alumnos.

    Sinónimos: duplicar.
  3. v t

    Ser o dobre de algo.

    Ex: Eles eran moitos, pero nós dobrabámolos. Dóbralle a idade ó seu fillo.

    Sinónimos: duplicar.
  4. v t Antónimos: desdobrar.
    1. Facer que unha parte de algo flexible quede sobre outra, repetindo esta acción unha ou máis veces.

      Ex: Dobrou a roupa do revés.

      Sinónimos: encartar. Antónimos: desdobrar.
    2. Torcer unha cousa poñéndoa curva.

      Ex: Unha máquina especial dobraba o metal.

  5. v t [IMAX]
    1. Substituír, nunha película, a voz orixinal dun actor pola doutro.

    2. Traducir alguén os diálogos dunha película a outra lingua diferente da orixinal.

    3. Substituír un actor especialista o principal en determinadas escenas dunha película, especialmente naquelas que implican certo risco.

  6. v t [ESPECT]

    Interpretar un mesmo actor varios personaxes nunha obra teatral.

  7. v t [MÚS]

    Realizar unha mesma gravación dúas veces en distintas pistas de son.

  8. v t [DEP]

    Adquirir un corredor unha ou máis voltas de vantaxe sobre outro participante nas carreiras celebradas en pista ou circuíto.

    1. v t

      Cambiar de dirección, algo ou alguén, normalmente pasando ao outro lado do lugar indicado.

      Ex: Para saír da vila tes que dobrar a esquina e seguir recto.

    2. v t [DEP/MAR]

      Superar unha boia ou baliza no curso dunha regata.

    3. dobrar un cabo/promontorio [MAR]

      Pasar, unha embarcación, por diante dun cabo, dun promontorio, etc, e poñerse do outro lado.

  9. v t

    Torcer unha cousa, facendo que perda a súa verticalidade.

    Ex: O vento dobrou o millo.

    Sinónimos: dobregar. Confrontacións: curvar, inclinar, torcer.
  10. v t

    Facer que alguén ceda.

    Ex: Cando ten unha opinión custa moito traballo dobralo.

    Sinónimos: dobregar.
  11. v i

    Adquirir forma curva.

    Ex: Unha vez que dobra unha táboa xa non se consegue poñela recta.

    Confrontacións: empenar.
  12. v i

    Tomar algo ou alguén distinta dirección.

    Ex: Cando chegues á praza dobra á dereita.

  13. v i

    Tocar as campás a morto.

    Ex: Os sinos dobraban polo defunto.

  14. v i

    Poñer unha ficha dobre xogando ao dominó.

  15. v pron

    Inclinarse perdendo a posición vertical.

    Ex: Dobrouse para pasar por debaixo da trabe.

  16. v pron

    Ceder ou someterse ante algo ou alguén.

    Ex: Os vasalos dobráronse ante as esixencias do señor.

Palabras veciñas

dobrador -ra | dobradura | dobramento | dobrar | dobraxe | dobre | dobregable
Conxugar
VERBO dobrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobro
dobras
dobra
dobramos
dobrades
dobran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobraba
dobrabas
dobraba
dobrabamos
dobrabades
dobraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrei
dobraches
dobrou
dobramos
dobrastes
dobraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrara
dobraras
dobrara
dobraramos
dobrarades
dobraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrarei
dobrarás
dobrará
dobraremos
dobraredes
dobrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobraría
dobrarías
dobraría
dobrariamos
dobrariades
dobrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobre
dobres
dobre
dobremos
dobredes
dobren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrase
dobrases
dobrase
dobrasemos
dobrasedes
dobrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrar
dobrares
dobrar
dobrarmos
dobrardes
dobraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
dobra
-
-
dobrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrar
dobrares
dobrar
dobrarmos
dobrardes
dobraren
Xerundio dobrando
Participio dobrado
dobrada
dobrados
dobradas