inclinar

inclinar

(< lat inclināre)

  1. v t

    Desviar algo da posición vertical ou horizontal.

    Ex: Inclina un pouco o flexo sobre o libro. Inclinou o camelio ó apoiarse.

    Sinónimos: abaixar, dobrar, baixar. Antónimos: levantar. Confrontacións: torcer.
  2. v t

    Influír sobre alguén para que faga ou decida algo que dubida.

    Ex: Temían que a depresión o inclinase a facer calquera toleada.

    Sinónimos: inducir.
  3. v i

    Perder a posición vertical ou horizontal.

    Ex: O barco inclinaba coa corrente.

    Confrontacións: dobrar, torcer.
  4. v pron

    Desviarse algo da posición vertical.

    Ex: O trigo inclinábase coa brisa.

  5. v pron

    Mover o corpo ou a cabeza cara a adiante.

    Ex: Inclinouse un pouco cara á dereita para coller o papel. Inclinouse para saudala.

  6. v pron

    Amosar preferencia por algo.

    Ex: Inclinouse por mercar unha saia en vez dun pantalón. Non sabe cara a onde se inclinará o seu voto.

  7. v pron

    Adoptar unha actitude de inferioridade, submisión ou aceptación.

    Ex: Non te inclines ás súas presións. Inclinouse diante das evidencias.

Palabras veciñas

inclemente | inclinable | inclinación | inclinar | inclinómetro | ínclito | incluír
Conxugar
VERBO inclinar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclino
inclinas
inclina
inclinamos
inclinades
inclinan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinaba
inclinabas
inclinaba
inclinabamos
inclinabades
inclinaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinei
inclinaches
inclinou
inclinamos
inclinastes
inclinaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinara
inclinaras
inclinara
inclinaramos
inclinarades
inclinaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinarei
inclinarás
inclinará
inclinaremos
inclinaredes
inclinarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinaría
inclinarías
inclinaría
inclinariamos
inclinariades
inclinarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
incline
inclines
incline
inclinemos
inclinedes
inclinen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinase
inclinases
inclinase
inclinasemos
inclinasedes
inclinasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinar
inclinares
inclinar
inclinarmos
inclinardes
inclinaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
inclina
-
-
inclinade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinar
inclinares
inclinar
inclinarmos
inclinardes
inclinaren
Xerundio inclinando
Participio inclinado
inclinada
inclinados
inclinadas