Doccia

Doccia
[ARTESAN]

Manufactura de cerámica fundada en 1735 polo marqués Carlo Ginori na vila de Doccia (Toscana). Dirixida polo seu fundador ata 1757, caracterizouse polo emprego, entre outros motivos decorativos, do tulipán, dos ramos de flores e do galo. A partir de 1758 empregou un novo verniz, a pasta bastarda, que permitiu tapar a cor gris da pasta de porcelana. O s XIX comezou baixo a influencia francesa ata que, cara ao 1816, comezou a empregarse un método de cocción denominado á italiana, que consistiu no emprego dun forno de grandes dimensións que permitía a elaboración de diversas porcelanas ao mesmo tempo. Comezou tamén o marcado das pezas e a expansión internacional mediante a participación nas exposicións universais. A fábrica pertenceu á familia Ginori ata que en 1896 Carlo Benedetto Ginori cedeulla ao ceramista milanés Augusto Richard, que formou a Societá Ceramica Richard-Ginori. En 1949 a fábrica trasladouse a Sesto Florentino, onde se creou o Museo di Doccia en 1965, data na que se incorporou á Societá Ceramica Italiana di Laveno.

Palabras veciñas

Docampo, Xavier P. | docaria | Docasar | Doccia | 1 doce | 2 doce | Doce