1 doce

1 doce

(

  1. adx

    Que produce un sabor agradable ao gusto, semellante ao do azucre ou ao do mel.

    Ex: Come desas uvas maduras, que están máis doces.

    Antónimos: agre.
  2. adx

    Que non ten sabor nin acedo, nin picante, nin salgado comparado con outras cousas da mesma especie.

    Ex: Fixo os chourizos con pemento doce. Prefiro bañarme na auga doce do río.

  3. adx
    1. Que ten un carácter suave e que manifesta un trato afectuoso.

      Ex: É unha nena moi doce e agarimosa.

      Confrontacións: afable.
    2. Que resulta agradable ou pracenteiro.

      Ex: As cancións doces relaxan a mente. Ten un falar doce.

  4. [ALIM]
    1. s m

      Produto alimenticio composto basicamente de azucre ou mel.

      Ex: Trouxo uns doces para merendar.

      Confrontacións: confeito, pastel.
    2. doce de leite

      Prato típico da cociña crioula elaborado con leite fervido, azucre, vainilla e bicarbonato de sosa. Emprégase en Uruguay e Arxentina como recheo e acompañamento de numerosos alimentos de sobremesa.

Palabras veciñas

docaria | Docasar | Doccia | 1 doce | 2 doce | Doce | Doce