1 doce
(
-
adx
Que produce un sabor agradable ao gusto, semellante ao do azucre ou ao do mel.
Ex: Come desas uvas maduras, que están máis doces.
Antónimos: agre. -
adx
Que non ten sabor nin acedo, nin picante, nin salgado comparado con outras cousas da mesma especie.
Ex: Fixo os chourizos con pemento doce. Prefiro bañarme na auga doce do río.
-
adx
-
Que ten un carácter suave e que manifesta un trato afectuoso.
Ex: É unha nena moi doce e agarimosa.
Confrontacións: afable. -
Que resulta agradable ou pracenteiro.
Ex: As cancións doces relaxan a mente. Ten un falar doce.
-
-
[ALIM]
-
s
m
Produto alimenticio composto basicamente de azucre ou mel.
Ex: Trouxo uns doces para merendar.
Confrontacións: confeito, pastel. -
doce de leite
Prato típico da cociña crioula elaborado con leite fervido, azucre, vainilla e bicarbonato de sosa. Emprégase en Uruguay e Arxentina como recheo e acompañamento de numerosos alimentos de sobremesa.
-
s
m