2 doce

2 doce

(

  1. cuant

    Número cardinal que equivale a once máis un.

    Ex: Traballa doce horas ó día e remata moi cansado.

  2. adx

    Que ocupa o lugar número doce nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a duodécimo.

    Ex: Ó chegar de doce aínda tivo opción a participar nas finais.

  3. s m

    Representación gráfica dese número. Na numeración arábiga represéntase por 12 e na romana por XII.

  4. s m

    Cousa que nunha serie vai marcada co número doce.

    Ex: Vive no número doce dunha rúa moi céntrica.

  5. s f pl

    Hora que indica o mediodía e o remate deste. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.

    Ex: Os domingos ás doce sempre xantamos cocido.

Palabras veciñas

Docasar | Doccia | 1 doce | 2 doce | Doce | Doce | Doce Anos, tregua dos