dodecasílabo -ba

dodecasílabo -ba

(< dodeca- + sílaba)

  1. adx [LING]

    Que ten doce sílabas.

  2. s m [LIT]

    erso de doce sílabas que presenta diferentes modelos segundo a posición da cesura que o divide en dous hemistiquios e a diversa distribución dos seus acentos. Tomás Navarro Tomás distingue varias posibilidades: troqueo, formado por dous hexasílabos con ritmo trocaico, isto é, con acento nas sílabas impares; dactílico, composto por dous hexasílabos acentuados nas sílabas segunda e quinta de cada hemistiquio; polirrítmico, que combina na mesma estrofa as modalidades trocaica e dactílica; ternario, integrado por tres grupos de tetrasílabos, con acentos nas sílabas terceira, sétima e décimo primeira; dodecasílabo de 7+5, tamén chamado verso de seguidilla, que consta de dous hemistiquios de sete e cinco sílabas; e dodecasílabo de 5+7, integrado por un primeiro hemistiquio dactílico e un segundo, troqueo. Habitual na tradición poética castelá, as súas primeiras manifestacións remóntanse ao s XIV, en concreto ao Laberinto de fortuna, de Juan de Mena, e tivo o seu momento de auxe no s XV. No neoclasicismo reapareceron as modalidades de dactílico, ternario e polirrítmico; no romanticismo engadíronse o de 7+5, o de 5+7 e o troqueo, aínda que predominou o dactílico; e no modernismo cultiváronse indistintamente todos os modelos mencionados.

Palabras veciñas

dodecágono | Dodecaneso | dodecanoico, ácido | dodecasílabo -ba | Dodecasqueno | dodecástilo -la | dodecilbenceno