Dodecasqueno

Dodecasqueno

Antiga rexión da Baixa Nubia que se estendía desde Elefantina ata Hierasykaminos. Formaba un tapón entre os estados meroíticos e o Exipto dos Ptolemeos, que a conservaron case sempre no seu poder. Pasou ás mans dos romanos ata que Diocleciano renunciou a ela por causa dos ataques do pobo nubio dos blemios (297).