dominancia
(< lat dominantia < latdomināre ‘dominar’)
-
s
f
Calidade de dominante.
-
s
f
[XEN]
Relación existente entre dous alelos dun heterocigoto que presenta o fenotipo moito máis semellante ao dun dos proxenitores homocigóticos ca o do outro. A dominancia é completa ou sinxela cando o homocigoto do alelo dominante e o heterocigoto non se distinguen fenotipicamente; recibe tamén o nome de superdominancia ou heterodominancia. É incompleta ou parcial cando o heterocigoto presenta caracteres intermedios entre os dous homocigotos. Entre estas dúas clases pódense dar todos os graos. A dominancia tamén pode ser alternativa, cando cambia no transcurso do desenvolvemento, e condicionada, cando se ve afectada pola presenza de certos xenes, chamados modificadores, ou por variacións de idade, sexo ou ambiente. A dominancia tamén se pode presentar entre series de alelos.
-
s
f
[ECOL]
Feito de seren ou non dominantes, e o grao en que o son, as especies que integran unha comunidade.
-
dominancia apical
[BOT]
Fenómeno que consiste no desenvolvemento da xema apical e no retardamento do crecemento das xemas laterais ata que exista unha certa distancia entre elas e o ápice vexetativo. Prodúcese pola acción das auxinas, que inhiben o crecemento das xemas laterais.