dominante
(
-
adx
Que domina por ser superior en forza ou ser máis aparente.
Ex: Daquela este país era a potencia dominante. Na súa pintura o vermello era a cor dominante.
-
adx
Aplícase á persoa que tende a dominar os outros de maneira despótica.
Ex: Sempre foi un pai dominante cos seus fillos.
-
adx
[XEN]
-
Aplícase ao alelo ou á serie de alelos que presentan dominancia.
-
Aplícase á mutación que produce o alelo ou a serie de alelos dominantes.
-
-
adx
[ECOL]
Aplícase ás especies que teñen a biomasa máis grande dentro dun ecosistema, e que modifican as condicións ambientais de tal xeito que o resto das especies quedan supeditadas a elas.
-
adx e s
f
[MÚS]
Quinto grao da escala diatónica na distancia dunha quinta xusta da tónica. Tamén se denomina nota dominante.
-
adx
[DER]
Aplícase á propiedade inmoble a favor da que se establece unha servidume.
-
adx
[LIT]
Termo empregado polos formalistas rusos para referirse ao procedemento ou factor que subordina todos os demais nun texto literario. Por exemplo, a rima e o ritmo considéranse factores dominantes do verso.