dominar

dominar

(< lat domĭnāre)

  1. v t

    Ter unha persoa ou un estado baixo a súa autoridade a algo ou alguén.

    Ex: Aquel rei dominaba o sur de Galicia.

  2. v t

    Someter alguén baixo a súa vontade a outras persoas.

    Ex: Co seu carácter forte domina todos os seus colegas do traballo.

    Confrontacións: dobregar, domear.
  3. v t

    Reprimir alguén os seus sentimentos ou impulsos.

    Ex: Non é quen de dominar os seus sentimentos.

  4. v t

    Conter ou reprimir algo prexudicial ou que está fóra de control.

    Ex: Dominou o incendio sen pedirlle axuda a ninguén. Soubo dominar a situación malia todos os impedimentos.

    Sinónimos: controlar.
  5. v t

    Influír algo considerablemente na actuación de algo ou de alguén.

    Ex: A ansia de cartos dominaba todas as nosas actuacións.

  6. v t

    Ter coñecementos profundos dun determinado tema ou materia.

    Ex: O curmán de Hilaria domina o galego dende que tiña tres anos.

  7. v t

    Constituír algo o punto máis alto en relación a outros.

    Ex: O edificio do hospital domina a cidade.

  8. v t

    Abarcar coa vista dende un lugar elevado.

    Ex: Dende aquela altura dominaba toda a cordilleira.

  9. v i

    Ser unha cousa superior por constituír o máis destacado ou predominante.

    Ex: Nesta pintura dominan as cores cálidas. No seu carácter domina a violencia.

    Sinónimos: destacar, predominar, sobresaír.
  10. v i

    Ter unha persoa ou un estado autoridade sobre algo.

    Ex: Daquela, Roma dominaba en todo o Mediterráneo.

  11. v i

    Ter alguén a iniciativa ou a preponderancia en algo.

    Ex: No matrimonio dominaba ela. O equipo visitante dominou na primeira parte do partido.

  12. v pron

    Reprimir os propios sentimentos e impulsos.

    Ex: Non se domina en situacións comprometidas.

Palabras veciñas

dominador -ra | dominancia | dominante | dominar | domiñenta | domingo | Domingo
Conxugar
VERBO dominar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
domino
dominas
domina
dominamos
dominades
dominan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominaba
dominabas
dominaba
dominabamos
dominabades
dominaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominei
dominaches
dominou
dominamos
dominastes
dominaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominara
dominaras
dominara
dominaramos
dominarades
dominaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominarei
dominarás
dominará
dominaremos
dominaredes
dominarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominaría
dominarías
dominaría
dominariamos
dominariades
dominarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
domine
domines
domine
dominemos
dominedes
dominen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominase
dominases
dominase
dominasemos
dominasedes
dominasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominar
dominares
dominar
dominarmos
dominardes
dominaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
domina
-
-
dominade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominar
dominares
dominar
dominarmos
dominardes
dominaren
Xerundio dominando
Participio dominado
dominada
dominados
dominadas