domo

domo

(< fr dôme < gr δῶμα ‘edificio, cuarto’)

  1. s m [ARQUIT]
    1. Cuberta en forma de cúpula.

    2. Cúpula que coroa a igrexa no Renacemento italiano.

  2. s m

    Igrexa principal ou catedral dunha cidade, especialmente en Italia.

  3. [XEOG]
    1. s m

      Forma hemisférica dunha masa rochosa. Pode ser resultado da intersección de dous anticlinais, aproximadamente perpendiculares, ou dunha intrusión ígnea, ou a menor escala, resultado da erosión. Sobre as rochas graníticas son moi frecuentes, pois os axentes erosivos como a auga e o xeo aproveitan diaclasas curvas.

    2. domo salino

      Formación salina en forma de domo.

  4. s m [TECNOL]

    Cilindro rematado nunha cúpula que, situado sobre a cámara de vapor dunha locomotora, serve para recoller o vapor e conter o seu regulador.

Palabras veciñas

Domitila, Flavia | Domiz | Domiz | domo | Domon, Ken | Domostroj | Dompiñor, pazo de