Dompiñor, pazo de

Dompiñor, pazo de

Construción situada en San Pedro do Incio (O Incio). Edificado en 1485 por Rui Sánchez de Orozco, reconstruíuse en 1550, e despois, en 1730, por Rodrigo Ozores e Losada. Ten planta en forma de L e dous pisos en altura cunha escalinata de acceso. Conserva unha torre pegada de planta cadrada, unha capela independente de planta circular con cúpula e lanterna e cun pequeno retablo barroco, e diversas construcións adxectivas como o pombal e os alpendres. No exterior destacan a muralla e a porta de acceso cos brasóns que aluden ás familias Ribadeneira, Somoza, Losada e Quiroga.

Palabras veciñas

domo | Domon, Ken | Domostroj | Dompiñor, pazo de | Domus Augustana | Domus Aurea | Domus Flavia