Domus Flavia
Domus Flavia
Palacio construído polos emperadores Vespasiano e Domiciano no Palatino de Roma, que imitaba a Domus Aurea de Nerón. Construído por Rabirius, rematouse no 96 a C. Tiña planta rectangular e contaba cunha sala de audiencias, precedida dun pórtico, un peristilo, unhas termas e un gran triclinium ou sala de banquetes. O peristilum tiña saídas aos cuartos privados, con dous patios porticados e galerías sobre o Circo Máximo.