domus*

domus*
s f [ARQUIT]

ivenda unifamiliar romana. Constaba dunha frons ou fachada onde se abría o ostium, entrada principal que comunicaba co vestibulum; este consistía nun recinto central que tiña na súa parte posterior a fauces, entrada que comunicaba co atrium, patio interior que tiña no seu centro un estanque, chamado impluvium, para recoller as augas da chuvia que entraban polo compluvium, van que se abría no teito. Ao redor do atrium situábanse as distintas dependencias: os cubicula, dormitorios; o tablinum, despacho ou zona de traballo e recepcións; o triclinium, comedor; e a culina, cociña. A partir do s II a C engadiuse, xunto ao tablinum, un patio porticado de maiores dimensións, o peristilum, de influencia grega, tamén rodeado de cuartos e cunha exedra, sala de reunións, ao fondo. Algunhas vivendas tiñan un pequeno xardín ou horta (hortus) na parte posterior ao que se accedía polo posticum, porta traseira.

Palabras veciñas

Domus Augustana | Domus Aurea | Domus Flavia | domus* | Domus-Casa do Home | 1 don | Don