Domus-Casa do Home

Domus-Casa do Home

Museo interactivo situado no Paseo Marítimo de Riazor, na Coruña, dedicado de xeito global ao ser humano. O edificio, deseñado por Arata Isozaki, inaugurouse o 7 de abril de 1995. A exposición permanente está composta por 116 módulos interactivos, dos que 63 deles dispoñen dun Punto de Información Textual. Pódense agrupar polo seu contido nos seguintes grupos: Eu (a identidade), Nós (a demografía), Bioquímica e xenética, Paisaxes (medios de exploración do corpo e imaxes microscópicas de tecidos e células), Reprodución e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición, sentidos do gusto e do olfacto), O sistema motor, O pé, O cerebro, e Equilibrio, habilidades, linguaxe. Organízanse tamén exposicións temporais. Magnavisión, o cine en gran formato (70 mm/8 perforacións), proxéctase na sala Leonardo da Vinci. A calidade do negativo e a súa proxección nunha pantalla de 80 m2 cun equipo de 7.000 vatios de luz permite unha imaxe moi nítida, apta para o documental científico. Ademais, conta cunha sala de pícnic para o descanso dos visitantes.

Palabras veciñas

Domus Aurea | Domus Flavia | domus* | Domus-Casa do Home | 1 don | Don | 2 don -na