2 don -na
(
Tratamento de respecto que se antepón aos nomes de pía. Antigamente era un tratamento honorífico masculino anteposto ao nome, utilizado en Galicia, Asturias, León, Castela, Navarra, Portugal e na coroa catalano-aragonesa, incluída a Italia meridional. Orixinariamente, utilizábano só os reis e os infantes, pero ampliouse con posterioridade aos altos dignatarios da corte e, por extensión, aos nobres. O uso de don foi moi estricto no Antigo Réxime, pero a partir da segunda metade do s XIX antepúxoselles ao nome e ao apelido e, a miúdo, unicamente ao nome, e pasou a usarse como tratamento de cortesía para calquera persoa á que se lle quería demostrar respecto. OBS: A abreviatura do masculino é D e a do feminino Dª.
Ex: Onte estiven ceando na casa de don Carlos. Don Denís ademais de rei foi trobador.
Citas
- Onte estiven ceando na casa de don Carlos. Don Denís ademais de rei foi trobador.