Dorna
Dorna
-
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos. A voz dorna aplicada á toponimia fai referencia a terreos con forma cóncava. Documéntase no s XV: “Pero Fernandes de Dorna” (doc ano 1482 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977, p 262).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Baiona. Pertencen á mesma caste os Dornalla, Dornaza, Dorneiro, Dorneira e Dornela. As súas armas levan, en campo de azul e en ondas de azul e prata, unha dorna.