Dorna

Dorna
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos. A voz dorna aplicada á toponimia fai referencia a terreos con forma cóncava. Documéntase no s XV: “Pero Fernandes de Dorna” (doc ano 1482 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977, p 262).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que se estableceu en Baiona. Pertencen á mesma caste os Dornalla, Dornaza, Dorneiro, Dorneira e Dornela. As súas armas levan, en campo de azul e en ondas de azul e prata, unha dorna.

Palabras veciñas

dormitorio | dorna | Dorna | Dorna | Dorna | Dornalla | Dornaza