Dourado
Dourado
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que posuían o cabelo louro. Documéntase no século XV: “Juã Dourado” (doc ano 1442 en C. de Azevedo Maia, História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 110).