Dragón
Dragón
s
m
[ASTRON]
Constelación boreal situada entre a Osa Maior e a Osa Menor. A estrela principal, α-Draconis, de cuarta magnitude, é unha estrela branca que forma parte dun sistema binario. A estrela γ-Draconis, chamada Etamín, ten importancia histórica polas observacións que Bradley realizou sobre ela, xa que estas foron as que o conduciron ao descubrimento do fenómeno da aberración da luz.