Dragón Vencido, orde do
Dragón Vencido, orde do
Orde militar instituída polo Emperador Sexismundo I en 1418 para defender a Igrexa contra herexes e, especialmente, contra os husitas. A súa insignia era un dragón invertido, símbolo da herexía vencida. Desapareceu pouco despois da morte dos seus fundadores.