durativo -va

durativo -va

(< durar)

  1. adx [LING]

    Aplícase a certas perífrases nas que a acción está en proceso de desenvolvemento (Están collendo as patacas, perífrase durativa).

  2. aspecto durativo [LING]

    Categoría gramatical específica do verbo referida ao seu desenvolvemento sen limitación temporal. O inicio e o final da acción significada polo verbo pode estar indicado por unha expresión determinada (Estudiarei ata ben entrada a noite, referencia ao punto de remate da acción verbal; Hai moitas horas que estudio, referencia ao punto inicial da acción verbal).

Palabras veciñas

Durany Castrillo, Mercedes | durar | Duras, Marguerite | durativo -va | duratrans* | Durazno | Durazzo