East of Eden

East of Eden
Nome científico: [Ó leste do Edén]
[IMAX]

Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1955. Foi dirixida por Elia Kazan e interpretada por Julie Harris, James Dean, Raymond Massey e Burl Ives. É un drama familiar baseado na obra homónima de John Steinbeck, no que se reproduce o esquema clásico do fillo bo e o fillo malo que en realidade non son o que aparentan. O principal mérito desta película está nos seus aspectos creativos, xa que foi unha das primeiras producións que utilizou a pantalla en scope, cunha lóxica formal realmente nova.

Palabras veciñas

East Kilbride | East London | East New Britain | East of Eden | East Sepik | East Sussex | East York