edam*

edam*
s m [ALIM]

Queixo de leite de vaca, orixinario de Holanda, que se elabora con cultivos bacterianos e callada animal, e está recuberto de parafina vermella. Normalmente contén un 55% de sólidos e un 40% de graxa sobre os sólidos. Pode condimentarse con comiño e existe unha variedade de sabor máis forte cunha curación máis longa dos tres ou catro meses habituais. Tamén pode recibir os nomes de Maubollen e Katzenkopf.