Edda

Edda
[LIT]

Poética escrita polo islandés Snorri Sturluson no s XIII que contén unha lista de metros seguidos de comentarios en prosa. Por extensión, recibe este nome unha colección anónima de cantos escrita ao redor de 1270, no que se recolle a tradición oral de Noruega e Islandia, que se remonta, polo menos, ao s IX. Está formada por composicións de tema mitolóxico sobre os deuses, cantos heroicos que narran os incidentes das vidas de personaxes lendarios, poesía gnómica e mesmo tratados sobre a lingua e a arte poética.