Edicións Castrelos

Edicións Castrelos

Empresa editorial fundada en Vigo en 1964 polos irmáns Emilio, Xosé María e Álvaro Álvarez Blázquez. Un dos obxectivos fundamentais deste proxecto foi o de divulgar, dun xeito económico, a narrativa galega nos sectores máis populares. Publicou inicialmente unha serie de volumes de investigación titulados como Cuadernos de Arte Gallego. A partir de 1967 editou unha colección de textos breves co nome de O Moucho e outra denominada Pombal, na que se recolleron obras de autores clásicos da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal.