Edicións do Cerne
Edicións do Cerne
Empresa editorial aparecida en 1980 en Santiago de Compostela. Destacou na edición de libros de poesía, para o que contou coas autoras María X. Queizán e Helena Villar Janeiro. Ademais, encargouse de agrupar e editar a Obra Literaria Completa (1980), de Fermín Bouza Brey.