Edicións Espiral Maior
Edicións Espiral Maior
Empresa editorial fundada en 1991 na Coruña. Dirixida por Miguel Anxo Fernán-Vello, ten editados máis de douscentos libros en lingua galega e portuguesa, dos que destacan un cento deles dedicados a poesía. A súa liña de edición aposta pola creación literaria en todos os seus xéneros; malia que inicialmente se especializou nas publicacións poéticas, posúe amplas coleccións de narrativa e ensaio, ademais de novas liñas dedicadas ao teatro, ás ciencias sociais, á historia e ás artes plásticas. Divide a súa produción nas coleccións “Poesía”, “Narrativa”, “Ensaio”, “A illa Verde”, “Didáctica”, “Imaxes no tempo” e “Historia e Documentos”.