Edicións Laiovento

Edicións Laiovento

Empresa editorial fundada o 17 de outubro de 1989 en Santiago de Compostela. Especializada en publicacións en lingua galega e portuguesa, conta con máis de cen títulos editados. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, atende fundamentalmente os apartados de humanidades, literatura, ciencias sociais, tecnoloxía e libros de peto. Divide as súas obras nas coleccións “Xeral”, “Vento do Sul”, “Breviarios” e “Fóra de serie”. Ademais de publicar libros de numerosos autores galegos, traduce obras pertencentes a autores estranxeiros.