Ediprem

Ediprem

Empresa de mercadotecnia dedicada á fabricación e venda de artigos publicitarios e promocionais. Fundada en Vigo no ano 1992 por Emilio Mosquera Miñán, Manuel Perozo Ruíz e Ecovigo; en 1994 Perozo e Miñán fixéronse coa totalidade da empresa. En 1999 adquiriron a firma Pesolán, empresa dedicada á fabricación téxtil que no ano 2002 se converteu en Pesolán Téxtiles Publicitarios Lda. En 1995 ampliaron o seu campo comercial coa apertura de delegacións na Coruña e Lugo e comerciais en Madrid e Barcelona, e durante o trienio 1999-2001 se iniciaron na importación directa de Oriente, especialmente de China, Hong Kong e Taiwán.

Palabras veciñas

Edipo | Edipo Rei | Edipo, complexo de | Ediprem | Edirne | Edirne | Edison, efecto