diminución

diminución

(< diminuír)

  1. s f

    Acción de diminuír.

    Ex: Nos últimos meses a paciente sofre unha diminución da súa capacidade de concentración.

    Antónimos: aumento, incremento. Confrontacións: atenuación, decrecemento, descenso.
  2. s f

    Cantidade en que diminúe unha cousa.

  3. s f [ARQUIT]

    Estreitamento do fuste da columna.

  4. s f [HERÁLD]

    Peza fundamental diminuída na súa largura.

  5. s f [MÚS]

    Nun fragmento musical, ornamento que consiste na substitución das notas dadas por outras, en número variable e de duración inferior. Foi unha das técnicas máis empregadas na época renacentista e barroca como xeito introdutorio de variacións na melodía.

  6. s f [MÚS]

    Nunha fuga, execución dunha melodía en notas máis breves.

  7. diminución cromosómica [BIOL]

    Fenómeno de diferenciación celular observado nos nematodos, que leva a que as células da liña xerminal teñan un número de cromosomas diferente ao das células somáticas. Isto débese a que nestas os cromosomas tenden a romperse, mentres que nas células xerminais se manteñen intactos.

Palabras veciñas

dimíctico -ca | dimidiado -da | Dimini | diminución | diminuendo* | diminuído -da | diminuír