descenso

descenso

(< lat descensu)

  1. s m Antónimos: ascensión, ascenso, subida.
    1. Acción de descender.

      Ex: Durante o descenso o ciclista sufriu unha caída. O descenso da natalidade é moi normal nos nosos días. As temperaturas sufriron un forte descenso pola noite.

      Sinónimos: descendemento, baixada, baixada. Antónimos: ascensión, ascenso, subida.
    2. Lugar polo que se descende.

      Ex: O descenso que leva ata o val atravesa unha densa carballeira.

  2. s m [DEP]

    Proba olímpica de esquí alpino que consiste en cubrir un percorrido de 3 km cun desnivel de entre 800 m e 1.000 m na categoría masculina, e entre 500 m e 700 m na categoría feminina.

  3. s m [DEP]

    Incorporación dun equipo a unha categoría inferior con respecto á que competía na tempada anterior, que se produce nas competicións estruturadas en distintas divisións, ben en función da clasificación final ao remate do campionato (nos últimos postos), ben por decisión dos órganos da xustiza deportiva como sanción pola comisión de faltas moi graves, ou ben por non reunir os requisitos económicos esixidos na regulamentación (falta de pagamento das cotas federativas, retribucións a técnicos e xogadores, carencia de avais, etc).

  4. descenso a dobre corpo [DEP]

    Técnica que se utiliza en alpinismo para superar, coa suficiente rapidez, os tramos difíciles na baixada. Denomínase tamén co anglicismo rappel.

  5. descenso crioscópico [QUÍM]

    Descenso que experimenta o punto de conxelación dunha disolución respecto ao do disolvente puro, debido á presencia de soluto. É directamente proporcional á concentración molal de soluto.