descender

descender

(

  1. v i Antónimos: ascender, subir.
    1. Ir de arriba para abaixo, pasando dun lugar alto a outro máis baixo.

      Ex: Descendín pola montaña con outro grupo de montañeiros.

      Sinónimos: baixar. Antónimos: ascender, subir.
    2. Diminuír algo en nivel, cantidade, valor ou intensidade.

      Ex: As augas do encoro descenderon este ano porque case non choveu. Espérase que descendan os tipos de xuro. Cos antibióticos descendeulle a febre rapidamente.

      Sinónimos: baixar. Antónimos: ascender, subir.
    3. Pasar a ocupar unha posición ou un cargo máis baixo.

      Ex: Agora xa non é xefe de sección, descendeu de categoría. O equipo descendeu a segunda división.

      Antónimos: ascender.
  2. v i Antónimos: ascender.
    1. Ter unha persoa a súa orixe, por filiación sucesiva, nun antepasado ou nun pobo.

      Ex: Descenden dunha familia de aztecas.

      Antónimos: ascender.
    2. Ter unha cousa a súa orixe noutra.

      Ex: Eses motivos literarios descenden doutros xa empregados na Idade Media.

  3. v t Antónimos: ascender, subir.
    1. Levar algunha cousa de arriba para abaixo.

      Ex: Descenderemos o armario pola fiestra máis grande.

      Sinónimos: baixar. Antónimos: ascender, subir.
    2. Baixar algo ou alguén por un lugar.

      Ex: Descendeu a costa da igrexa montada nunha bicicleta.

      Sinónimos: baixar. Antónimos: ascender, subir.
Conxugar
VERBO descender
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descendo
descendes
descende
descendemos
descendedes
descenden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descendía
descendías
descendía
descendiamos
descendiades
descendían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descendín
descendiches
descendeu
descendemos
descendestes
descenderon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descendera
descenderas
descendera
descenderamos
descenderades
descenderan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descenderei
descenderás
descenderá
descenderemos
descenderedes
descenderán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descendería
descenderías
descendería
descenderiamos
descenderiades
descenderían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descenda
descendas
descenda
descendamos
descendades
descendan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descendese
descendeses
descendese
descendesemos
descendesedes
descendesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descender
descenderes
descender
descendermos
descenderdes
descenderen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
descende
-
-
descendede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descender
descenderes
descender
descendermos
descenderdes
descenderen
Xerundio descendendo
Participio descendido
descendida
descendidos
descendidas