descendencia
(< lat descendentĭa)
-
s
f
Feito de descender un ser vivo doutro.
Antónimos: ascendencia, proxenie. Confrontacións: casta, caste, estirpe, liñaxe. -
s
f
Conxunto de membros que proveñen dun único individuo.
Ex: A avoa fixo unha festa con toda a súa descendencia. Pouco despois de casar xa tiveron descendencia.
Sinónimos: proxenie. Antónimos: ascendencia. -
s
f
[ETN]
Organización familiar, por grupos de parentes, pola que se establece unha serie de dereitos e obrigas en función da súa adscrición a un grupo, formado polos seus parentes ou por unha parte destes. Pódese privilexiar a súa vinculación a unha liña de parentesco (descendencia unilineal), ou ben manter a referencia a ambas liñas descendentes (descendencia bilineal). Cada un dos grupos formados por descendencia chámase liñaxe e, nun nivel de organización superior, denomínase clan.
-
proba de descendencia
[XEN]
Método que utiliza o estudo da descendencia dun proxenitor para coñecer o seu valor xenético.
-
teoría da descendencia
[BIOL]
Fundamento da bioloxía que, baseándose na mutabilidade das especies, proclama que as formas máis sinxelas deron lugar ás máis complexas. Foi exposta, entre outros, por Erasmo, Darwin, Geoffroy-Saint-Hilaire e Jean-Baptiste Lamarck.