descendente

descendente

(

  1. Antónimos: ascendente.
    1. adx

      Que descende.

      Ex: Un camiño descendente e sinuoso chegaba ata o río.

      Antónimos: ascendente.
    2. adx [MÚS]

      Intervalo ou serie de intervalos (escala, arpexo ou fragmento melódico) no que calquera son é máis grave ca o anterior.

    3. aorta descendente [MED]

      Parte da aorta que vai desde o arco da aorta ata a súa bifurcación.

    4. movemento descendente [ASTRON]

      Movemento dun astro ao pasar polo horizonte.

    5. ritmo descendente [LING]

      Ritmo no que a parte acentuada vai antes cá non acentuada.

  2. s Antónimos: ascendente.
    1. Persoa que procede doutra na sucesión xenealóxica.

      Ex: A herdanza será repartida entre todos os descendentes.

      Antónimos: ascendente.
    2. [XEN]

      Individuo que recibe a herdanza xenética do proxenitor ou da parella de proxenitores dos que procede.

Palabras veciñas

descatrulo | descendemento | descendencia | descendente | descender | descensio* | descenso