Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Premio
Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Premio
Premio de pintura convocado dende 1997 polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Galardóase a mellor obra presentada ao certame e as mellores obras galega e portuguesa. Supón a exhibición, permanente e itinerante, das obras presentadas polas cidades pertencentes ao Eixo durante dous anos. Recibiron o premio Berta Álvarez Cáccamo e P. Proença en 1997; Paula Tavares, Simón Pacheco, Paulo Almeida e Carmen Senande en 1998; Edmundo Paz, Xurxo Alonso, Sebas Anxo e Joaquín Morales en 1999; Belén Padrón García, Henrique do Vale e Brais Rei Daporta no 2000.