Elías
Elías
[ONOM]
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no hebreo Eliyâh(û), nome formado por dúas denominacións de Deus, Elohim e Yahvé (‘Deus é Iavé’); introduciuse a través do latín eclesiástico Elias e do grego bíblico Elías. É o nome do profeta xudeu (s IX a C) do Antigo Testamento que se celebra o 20 de xullo. A festividade de san Elías celébrase o 27 de febreiro e a do mártir Elías o 16 de febreiro.