Elle
Elle
[PUBLIC]
Revista internacional de moda aparecida en París o 21 de novembro de 1945. Rexistrada en Europa por Hachette Filipacchi Press, SA France (HFP), presenta edicións independentes en trinta e catro países do mundo. Dirixida en España por Susana Martínez Vidal, inclúe diversas seccións sobre beleza, estilismo, decoración, viaxes, cociña e moda, e préstalles unha atención especial aos deseños máis vangardistas das principais pasarelas internacionais. Pertence á Asociación de Revistas de Información, asociada á Federation International of Periodical Press (FIPP).