Elpidio/Elpidia
Elpidio/Elpidia
[ONOM]
Nome persoal de orixe grega, que se introduciu a través do latín Elpidius, documentado só en época cristiá. Xa no grego Elpídios ( ἐ λπίδιος) era un nome bastante antigo, derivado de ἐ λπίζω ‘esperar’. A súa festividade celébrase o 16 de novembro.