enálaxe

enálaxe

(

s f [LING]

Figura de construción gramatical que consiste na alteración da función normal de certas palabras no discurso. Por exemplo, cando un adxectivo se emprega como adverbio (Canta fatal) ou cando unha forma ou un tempo verbal se substitúe por outro (Comerás ti e Ana, en lugar de Comeredes ti e Ana). É frecuente o seu uso en textos narrativos cando se emprega o tempo presente para contar acontecementos pasados. Un exemplo clásico é altae moeniae Romae (Virxilio), isto é, “os muros da alta Roma”, en lugar de “os altos muros de Roma”.