Enallagma

Enallagma
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de odonatos, da familia dos coenágridos, coas catro alas hialinas semellantes e pedunculadas na base que presentan un pterostigma unicolor. A cabeza conta con dúas manchas azuis entre os ollos. A cor xeral dos machos é azul con algunhas franxas e bandas negras e no segundo segmento abdominal presenta un deseño característico semellante á silueta dun cogomelo. As femias son de cor escura con aneis no abdome de cor azul ou vermella. En Galicia, e no resto do reino holártico, está representado pola especie E. cyathigerum.