endosperma

endosperma

(< endo- + grσπέρμα ‘semente’)

s m [BOT]

Tecido de reserva das sementes. O endosperma primario, propio das ximnospermas, non ten ningún significado sexual, é haploide e correspóndese coa xeración gametofítica. O endosperma secundario, propio das anxiospermas, é triploide e fórmase a partir da unión do núcleo secundario do saco embrionario co núcleo espermático do tubo polínico. É dixerido polo embrión antes ou durante a xerminación.

Palabras veciñas

endosmótico -ca | endoso | endosoma | endosperma | endóspora | endosporio | endostilo