endóspora
endóspora
(
-
s
f
[BOT]
Espora que se forma no interior dunha célula ou dun esporanxio.
-
s
f
[MICROB]
Espora perdurable, propia de certos grupos de bacterias, moitas delas adaptadas á vida terrestre. É unha forma de abiose neoformada intracelularmente a expensas de materias extracelulares. As endósporas son formas de resistencia que derivan de situacións medioambientais adversas, como a desecación ou as altas temperaturas, e que, cando as condicións se volven favorables, retornan á forma vexetativa.