endostilo
endostilo
(< endo- + estilo)
s
m
[ANAT]
Fisura ciliada e estreita situada no centro da parede ventral da farinxe dos cefalocordados, dos urocorados e das larvas das lampreas. Esténdese dende a cavidade bucal ata o esófago e contén glándulas secretoras de moco, que permite capturar as partículas alimentarias da auga e facelas progresar, mediante o batido dos cilios, cara ao esófago, facilitando deste xeito a nutrición micrófaga.