Eneco

Eneco

(< latín Ennecus)

[ONOM]

Antropónimo masculino de orixe probablemente ibérica. Nos documentos medievais podía aparecer como Enneco (forma máis latinizante), Ennego ou Enego (forma máis romance), que está emparentado co eúscaro Iñigo (e coas súas variantes Eneko ou Ienego). Íñigo e Inigo alternaron no castelán, inda que a documentación máis antiga proba que a forma lexítima era grave e non esdrúxula

Palabras veciñas

eñe | Eneas | Eneas de Gaza | Eneco | Eneco I de Pamplona | Eneida | eneixar