engado

engado
  1. s m

    Comida que se pon no anzol para atraer os peixes. Na tradición oral recóllense ditos como: “Co engado cóllense os peixes e engánanse os parvos.”

    Sinónimos: carnada, carnaza, cebo. Confrontacións: ensenrada, senrada.
  2. s m

    Cousa que atrae de algo ou de alguén.

    Ex: A publicidade é un engado para os compradores.

    Sinónimos: encanto, feitizo.
  3. s m

    Engano feito con astucia.

    Ex: Conseguiu que se fixese socio con engados.

Palabras veciñas

engader | engadido -da | engadir | engado | engafecer | engaimar | engaiolamento