Enserune

Enserune

Antigo oppidum prerromano próximo a Nissan, Bederrès (Languedoc). Cun poboamento ininterrompido dende o s VI a C ata o I a C, entrou en contacto cos gregos, os etruscos e o mundo ibérico dende o s VI a C. A finais do s III a C acadou a súa maior extensión pero, co establecemento da organización político-económica romana no s I a C, a poboación abandonouno e asentouse nas chairas.

Palabras veciñas

ensenhamen* | enseñorar | ensenrada | Enserune | ENSIDESA | Ensifera | ensiforme