ENSIDESA
ENSIDESA
Empresa siderometalúrxica española creada polo antigo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1950 para a fabricación de aceiro, laminados e forxados. En 1973 fusionouse con UNINSA e tiña como filiais, entre outras, Perfil en Frío e Siderúrgica del Mediterráneo. A crise no sector nos anos oitenta provocou o peche das factorías de Mieres, La Felguera e Moreda (Gijón), polo que quedaron en activo as de Avilés e Veriña (Gijón). En 1991 constituíuse a Corporación da Siderurxia Integral e en 1997 Aceralia Corporación Siderúrgica, ao fusionarse Altos Hornos de Vizcaya e ENSIDESA. No ano 2002 a fusión de Aceralia, Usinor e Arbed deu paso ao grupo Arcelor.